CRTVG

Buscar

A policía remite á Fiscalía dúas denuncias de acoso en dous institutos de Lugo

Publicado o 05/11/2019 12:41
A policía remite á Fiscalía dúas denuncias de acoso en dous institutos de Lugo

Axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) completaron as correspondentes investigacións e remitiron os resultados das mesmas á Fiscalía de Menores de Lugo por dúas denuncias de acoso a adolescentes que cursan os seus estudos en institutos da capital lucense, formuladas polas súas respectivas familias o pasado mes de outubro. Segundo confirmaron a Efe fontes policiais, unha das denuncias foi tramitada a principios de mes e a segunda foi presentada na comisaría provincial a mediados de outubro.

En ambos casos, os alumnos de secundaria supostamente acosados, son adolescentes de entre 15 e 16 anos de idade. Nun dos casos denunciados, un alumno foi agredido por outro nun instituto da capital lucense e, posteriormente, ameazado e hostigado a través das redes sociais por outros adolescentes. Noutro instituto de Lugo, unha adolescente foi supostamente acosada e ameazada por catro compañeiras, ata o punto de que a alumna tivo que "encerrarse no baño por medo". As supostas acosadoras mesmo chegaron a tirarlle un líquido quente por detrás cando a súa nai foi recollela ao instituto.

En ambos os casos, os investigadores identificaron "plenamente" os supostos acosadores e as dilixencias quedaron en man da Fiscalía de Menores para a adopción das correspondentes medidas legais.

Noticias web

05/11/2019