CRTVG

Buscar

A policía rastrexa a posición do móbil do mozo desaparecido en Viveiro

Publicado o 17/12/2019 20:39

Os axentes que investigan a desaparición de Alejandro Meitín San Isidro, de 34 anos, pedíronlle permiso ao xuíz para rastrexar tanto a posición do teléfono móbil coma os movementos que poida haber na súa conta bancaria. Todas as hipótesese están abertas, desde un posible accidente ata unha marcha voluntaria.

A busca xa comezou o mesmo domingo. A familia denunciou a desaparición porque non sabía nada del desde que o sábado pola noite foi a unha cea de traballo neste restaurante. A policía interroga toda a xente que estivo na cea e intenta reconstruír os pasos que puido dar desque abandonou o lugar. Os seus compañeiros non lembran exactamente a que hora marchou. Outras testemuñas sitúano noutro bar próximo arredor das oito da mañá.

Ademais da policía, veciños e amigos do desaparecido percorren os montes da zona. Este martes realizaron unha batida pola zona de Area, Faro e Xuances. De momento non hai rastro de Alejandro e tampouco do seu coche, un Ford Fiesta gris metalizado.

Noticias web

17/12/2019