CRTVG

Buscar

A policía portuguesa poderá empregar pistolas eléctricas contra quen salte a corentena

Publicado o 23/03/2020 15:22

No quinto día de confinamento en Portugal, o Goberno decidiu permitirlles aos axentes usar pistolas eléctricas para deter a quen salte a corentena. A decisión foi fortemente criticada polos portugueses a través das redes sociais e tamén por algún medio de comunicación. Os axentes poderán usar pistolas eléctricas se detectan na rúa unha persoa que ten que estar en corentena por sospeitas de ser positivo en COVID-19. Xa tiveron varios casos de persoas fuxidas de hospitais que se resistiron cando os atoparon, por iso decidiron tomar esta medida.

Por outra banda, esta fin de semana os paseos marítimos das vilas e cidades de costa do norte de Portgal enchéronse de persoas. Aquí en Portugal son máis permisivos co confinamento, pero iso non significa que poidan crearse aglomeracións de xente, polo que concellos como Póvoa de Varzim decidiu pechar o seu paseo e en Matosinhos a policía decidiu disolver a xente.

Os axentes non multan, o confinamento en Portugal é unha recomendación severa, non unha obriga. No país hai 2.060 positivos e 23 mortos.


 

Noticias web

23/03/2020