CRTVG

Buscar

A policía portuaría de Vigo recibirá formación na Academia de Seguridade Pública de Galicia

Publicado o 10/03/2021 17:00

O persoal que traballa na seguridade e a vixilancia do porto de Vigo vai recibir formación da Academia de Seguridade Pública de Galicia para mellorar a súa actividade profesional.

O vicepresidente da Xunta asinou esta mañá co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo o convenio de colaboración para dotar a Policía portuaria desa formación específica.

Alfonso Rueda lembrou que esta academia de seguridade pública de Galicia é un centro de formación de referencia, e un punto de encontro para que todas as forzas e corpos de seguridade poidan actualizar os seus coñecementos.
 

Noticias web

10/03/2021