CRTVG

Buscar

A policía pide colaboración cidadá para esclarecer o caso do cadáver atopado no Castrillón

Publicado o 11/10/2018 14:18

A Policía Nacional solicita a colaboración cidadá para esclarecer o caso do achado dun cadáver no barrio coruñés do Castrillón.

O corpo dun home de entre 30 e 40 anos atopouse o luns pasado ao mediodía. A policía pide que os veciños ou persoas que frecuentan a zona lembren se viron algún coche sospeitoso, persoas en actitude de espera ou se se escoitaron berros o domingo pola noite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018