CRTVG

Buscar

A policía pasa apuros para deter un home de 120 quilos que agredira varios viandantes en Vigo

Publicado o 19/06/2020 15:12

A policía tivo que arrestar home de 44 anos que presuntamente agredira varios viandantes no centro de Vigo. Cando chegaron, os axentes atopáronse cunha actitude violenta, tamén contra eles, que unida á corpulencia do home, duns 120 quilos de peso, complicou o arresto.

O individuo explicou que estaba enfermo e non tomara a medicación, polo que foi trasladado en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Noticias web

19/06/2020