CRTVG

Buscar

A policía non descarta ningunha hipótese na morte do dono do bar de Ourense

Publicado o 06/02/2020 20:38



Axentes da policía percorreron os arredores do bar Novo na procura de pistas e testemuñas. O propietario do local, Evaristo, de 65 anos, era moi coñecido na zona. O seu cadáver apareceu o mércores pola noite cun corte no pescozo. É probable que cando o atoparon xa levara morto desde o martes porque o bar estivo pechado ata que uns clientes decidiron entrar e atoparon o cadáver.

 "Estaba pechado, e esta moza, amiga miña, pasou por aí, estrañoulle e alertou porque era moi raro que estivera pechado" É que non sei se o mataron se non, é que me estraña porque el nunca se metía con nnguén"

Todo apunta a que Evaristo morreu vítima dunha agresión con arma branca. A autopsia axudará a clarexar a hora e as circunstancias da morte. O delegado do Goberno asegura que, dentro da hipótese de morte violenta, non se descarta nada. O xuíz decretou o segredo do sumario.

Noticias web

06/02/2020