CRTVG

Buscar

A policía non descarta aínda ningunha posible causa do incendio na Chavasqueira

Publicado o 07/05/2019 15:55

A Policía Nacional continúa coas investigacións arredor do que puido pasar na Chavasqueira. Polo momento séguese á espera de que se elabore o informe que detallaría as causas do lume que calcinou por completo estas instalacións termais.

A Policía Nacional de Ourense dende o pasado 24 de abril abriu unha investigación que continúa aberta a día de hoxe. Recibiron a axuda da Policía Científica de Madrid e de equipos caninos especializados en incendios para intentar esclarecer se o incendio foi intencionado.

Os investigadores buscaron no recinto algunha pista ou restos dalgún produto químico que alguén puidese empregar para acelerar a combustión. Dende a policía insisten en que continúan mantendo todas as hipóteses abertas. 

 

Noticias web

07/05/2019