CRTVG

Buscar

A Policía Nacional salva unha muller que ameazaba con saltar dun cuarto piso en Pontevedra

Publicado o 27/09/2021 14:36
A Policía Nacional salva unha muller que ameazaba con saltar dun cuarto piso en Pontevedra

Espectacular rescate dunha muller que estivo a piques de saltar ao baleiro dende un cuarto piso en Pontevedra. Tras varios minutos co corpo completamente colgando na fachada, e nunha acción non exenta de risco, os axentes logran introducila de novo na vivenda.

Sucedeu na rúa San Mauro, e foi un veciño quen alertou a Policía Nacional do suceso. Mobilizáronse varias patrullas, e mesmo chegaron a solicitar que se cortase o tráfico rodado na zona. 

Noticias web

27/09/2021