CRTVG

Buscar

A Policía Nacional reforza o dispositivo de seguridade nas Cíes

Publicado o 13/07/2019 08:48

O bo tempo anima a visitar as illas Cíes. Xa non quedan prazas dispoñibles ata o luns. As navieiras esgotaron o cupo máximo de visitantes diarios cara ás illas durante toda a semana. Tamén as prazas do cámping están  esgotadas durante as fins de semana de xullo, só quedan algunhas dispoñibles entre semana. Este ano reducíuse o cupo permitido de campistas diarios de 800 a 600, o que contribúe a que as prazas se esgoten antes.

Con tanta afluencia de visitantes non é de estrañar que as illas Cíes sexan un dos enclaves prioritarios no Plan de seguridade da Policia Nacional, para garantir a seguridade cidadá en Vigo durante o verán. Incrementarase a vixilancia nos barcos, nas zonas de praia e nas portas de entrada e saída da cidade como o aeroporto e a estación de tren. Tamén nos montes. Varios axentes patrullarán dacabalo para botar unha man na loita contra os incendios. Trátase dun plan, sobre todo, disuasorio.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019