A Policía Nacional reforza o control nocturno en Vigo
Publicado o 25/06/2020 13:04
As noites galegas van collendo pulso e con elas os delitos e as novas infraccións. A Policía Nacional de Vigo reforzará o seu plan de choque para adaptalo á nova realidade nocturna, controlarán con máis forza o botellón e as aglomeracións de xente.
O plan é continuación do que se leva desenvolvido durante o estado de alarma, que malia a inactividade de persoas e establecementos se saldou con 115 detencións.
O novo plan de choque comezou xa durante a pasada noite de San Xoán e aos axentes destinados non lles ha faltar traballo en todo o verán.