A Policía Nacional patrulla o subsolo de Santiago de Compostela
Publicado o 16/06/2021 19:55
Con motivo da celebración do ano Xacobeo, as diferentes unidades que compoñen a Policía Nacional intensifican o seu labor no contorno da cidade. Un grupo de axentes pertencentes ao equipo de Subsolo e Protección Ambiental, desprazados dende A Coruña, patrullaran o solo da cidade de Santiago de xeito periódico para garantir unha maior seguridade de residentes e visitantes.