CRTVG

Buscar

Liberan en Madrid unha moza de 16 anos que era obrigada a exercer a prostitución

Publicado o 13/01/2018 14:03

A Policía Nacional liberou en Madrid unha moza de 16 anos que era obrigada a exercer a prostitución. A rapaza foi captada a través das redes sociais mediante o método coñecido como lover boy. O captador, un rumano de 25 anos, simulou ter unha relación sentimental con ela. Despois, esixiulle que exercera a prostitución para conseguir cartos para ambos. El está detido e ela regresou xa coa súa familia. En 2017 a Policía Nacional liberou 52 vítimas da tratas de seres humanos con fins de explotación sexual.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018