CRTVG

Buscar

A Policía Nacional investiga o incendio intencionado dun coche en Vigo

Publicado o 25/01/2020 17:56

A Policía Nacional de Vigo investiga o incendio dun vehículo na parroquia viguesa de Bembrive, que vive os días previos a San Brais cos furanchos cheos.

O suceso puido ser intencionado, xa que os veciños escoitaron ameazas previas nun destes establecementos e mesmo unha agresión física á unha muller por parte do suposto responsable.

O vehículo, un todoterreo Nissan propiedade do home que rexenta o furancho O Neno quedou totalmente calcinado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020