CRTVG

Buscar

A Policía Nacional investiga a profanación de sete tumbas nun cemiterio de Ribeira

Publicado o 16/02/2021 15:30

O cemiterio está aberto ao público de novo e os cadaleitos que foron extraídos dos nichos xa foron devoltos ao seu lugar. Apenas quedan indicios das escenas que se viviron onte.

Coma esta, foron profanadas seis tumbas máis. Os falecidos pertencen a familias distintas e os nichos estan afastados uns dos outros, en distintas rúas.

E esa é a pregunta que hoxe se repite, Quen puido entrar no cemiterio e sobre todo con que propósito é o que angustia as familias afectadas e todas as que teñen aquí un ser querido. 

Onte vivíronse momentos de angustia ás portas do cemiterio, mentres a Policía ía proporcionando os datos dos nichos afectados.

A Policía Nacional é a encargada da investigación, pero, polo momento, non transcenderon datos oficiais sobre a autoría dos feitos.

Noticias web

16/02/2021