CRTVG

Buscar

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller na súa vivenda en Santiago

Publicado o 20/07/2019 22:51
A Policía Nacional investiga a morte dunha muller na súa vivenda en Santiago

A Policia Nacional investiga a morte dunha muller na urbanización de Monte dos Postes en Santiago. As primeiras investigacións apuntan a que a muller faleceu por causas naturais cando estaba cociñando. A pota que tiña ao lume ocasionou un incendio do que alertaron os veciños. A falecida tiña 89 anos e era natural de Val do Dubra. Ao lugar desprazaronse varios camións de bombeiros, unidades da Policía Local e da Policía Nacional. Os axentes abriron unha investigación e, á espera dos resultados da autopsia, todo apunta, como lles diciamos, a unha morte natural.