CRTVG

Buscar

A Policía Nacional investiga a aparición de 'billetes de película' en Pontevedra

Publicado o 08/10/2019 13:57

A través das redes sociais a Policía Nacional xa alertara da posta en circulación de reproducións de billetes empregados para películas, e polo tanto sen valor, en varios puntos de España. En Galicia polo de agora detectouse un en Pontevedra.

Unha vez alertados da súa existencia, as diferenzas saltan á vista.

"Ao tacto nótase xa a diferenza, pero para mans non tan expertas o máis signifiativo é a lenda que aparece debaixo de Banco Central Europeo, en inglés, onde pon claramente tanto no anverso coma no reverso que non é un billete legal, que se emprega para películas e series de ficción. Na parte onde estaría a sinatura de Mario Draghi, no billete falso aparece directamente Movie Money, diñeiro de pelicula", di Paula Novas, a voceira de prensa da Policía Nacional de Pontevedra.

Outro detalle está no brillo das bandas holográficas, que no billete falso son totalmente mates. Desde a Policía Nacional, ademais de alertar da súa presenza, piden a colaboración cidadá para retiralos da circulación.

A Policía investiga agora a procedencia do billete atopado e quen puido distribuílo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019