CRTVG

Buscar

A Policía Nacional intercepta un cargueiro con vinte toneladas de haxix

Publicado o 11/08/2021 09:33
A Policía Nacional intercepta un cargueiro con vinte toneladas de haxix

Un cargueiro con 20 toneladas de haxix foi intervido pola Policía Nacional preto de Fuerteventura. Nunha operación conxunta coa Axencia Tributaria e as autoridades francesas, detiveron os once tripulantes, todos de orixe siria, cando o barco estaba a piques de afundirse.

A policía explicou que é habitual que estas organizacións delituosas empreguen embarcacións en mal estado para unha última viaxe antes do seu despezamento. 






 

Noticias web

11/08/2021