CRTVG

Buscar

A Policía Nacional incautouse de arredor de media tonelada de droga que viña para Galicia

Publicado o 20/01/2019 12:53

A Policía Nacional incautouse de arredor de 500 quilos de cocaína chegada desde Colombia e desembarcada no peirao portugués de Leixões que estaba sendo trasladada a Galicia. O alixo de droga chegado nun colector desde Colombia desembarcara no porto de Leixões desde onde se organizou o seu traslado a España. A descarga xa estaba sendo vixiada polas forzas de seguridade portuguesas, pero foi interceptada pola Policía Nacional nunha estrada do sur de Galicia. Hai varias detencións e a operación que investiga o xulgado de Vilagarcía continúa aberta.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2019