CRTVG

Buscar

A Policía Nacional incáutase de 74 quilos de droga que se vendía na "rede escura" por Internet

Publicado o 27/01/2019 20:37

Dúas operacións contra o tráfico de drogas permiíironlle á Policía Nacional incautarse de 74 quilos de MDMA. O maior dos alixos, de 69 quilos, era introducido desde centroeuropa ata Castellón. A droga sintética camuflábase entre a carga real dos camións.

Na operación, en colaboración coa policía alemá, foron detidas catro persoas, tres delas en España. E en Madrid a Policía interveu outros cinco quilos de MDMA e detivo un dos principais vendedores da substancia. A droga vendíase a través da Dark Web en pequenas cantidades que eran enviadas a través de correo postal en cartas ordinarias e pagadas con moeda virtual.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2019