Deteñen unha persoa como presunto autor dunha malleira a un mozo vigués
Publicado o 20/10/2021 14:36
O que comezou sendo unha noite de festa para Santiago rematou nun hospital. Un mozo vigués viuse implicado nunha liorta da que case non ten recordos.
Recibiu golpes nun ollo, na caluga e na mandíbula. Porén, para Santiago parecen doer máis as feridas sociais que as físicas, por iso decidiu denunciar. O seu irmán iniciou unha campaña nas redes na procura de testemuñas que poidan achegar información do que pasou esa noite na zona do Náutico de Vigo.
A investigación policial xa deu os seus froitos. Nas últimas horas pasou a disposición xudicial un mozo detido pola súa implicación nestes feitos por un presunto delito de lesións.