CRTVG

Buscar

A Policía Nacional detén un fuxitivo buscado por dobre homicidio en Venezuela

Publicado o 20/09/2020 12:35

Axentes da Policía Nacional detiveron en Madrid un fuxitivo buscado por Venezuela por un dobre homicidio cometido nun barrio de Caracas, e que tiña unha orde busca, detención e ingreso en prisión para extraditar ao seu país de orixe.

O individuo, buscado desde o ano 2018, pertencía a unha banda criminal que propinou múltiples disparos a dúas persoas ata matalas, un deles membro da Policía Nacional Bolivariana.

Foi detido ao pouco tempo coa obrigatoriedade de comparecer periodicamente ante as autoridades xudiciais, pero o incumprimento deses requirimentos fixo que o suposto homicida volvera ser reclamado ata a súa detención esta mesma semana no distrito madrileño de Hortaleza.

Noticias web

20/09/2020