A Policía Nacional detén en Ourense un mozo por invasión de domicilio
Foron varias as persoas que viron como o mozo invadiu unha casa das traseiras da avenida de Portugal, na cidade de Ourense. O mozo, segundo contan os que o viron, mesmo chegou a recoñecer que ía meterse na vivenda aproveitando que a propietaria e moradora non estaba porque estaba recuperándose dunha lesión.
A propietaria da casa, alertada polos seus veciños, chamou a Policía Nacional, cando entraron el estaba cociñando como se da súa vivenda se tratase. Neste caso a Policía Nacional, di, puido actuar axiña porque a casa, segundo a propietaria, era a súa vivenda habitual.
O detido ten 22 anos e é de Ourense. Ademais de por un delito de invasión de domicilio tamén está investigado por atentado á autoridade e lesións, ao resistirse ao desaloxo, e por presuntamente roubar xoias da inquilina da casa valoradas en 1.200 euros.