CRTVG

Buscar

A Policía Nacional detecta un sofisticado sistema para ocultar cocaína nos coches

Publicado o 23/06/2019 15:15

As dúas organizacións, unha de orixe colombiana e outra británica, uníranse para compartir loxística na distribución de cocaína por España e o Reino Unido. A Policía Nacional conseguiu desartellalas nunha operación conxunta cos Estados Unidos, Colombia e Gran Bretaña. En total detiveron 16 persoas, a maioría en Madríd. As investigacións comezaron en xullo de 2018.

"Cando se tivo coñecemento de que un alto integrante dun grupo criminal de Colombia chegaba ao noso país para realizar os contactos coa fin de establecer a vía de entrada dun cargamento de estupefacientes. Realizou viaxes a Pontevedra, de inicio con dúas persoas, e logo cun integrante dun grupo  británico", explica Gema Méndez, voceira da Policía Nacional.

O golpe definitivo produciuse un ano despois nun centro comercial de Leganés onde se ía facer a entrega da droga. Os axentes incautáronse dunha tonelada de cocaína escondida nesta furgoneta grazas a un complexo sistema hidráulico. Activado por imáns, levantaba os fondos do vehículo onde estaba agochada a droga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/06/2019