CRTVG

Buscar

A Policía Nacional desprega as súas habilidades nunha demostración para escolares

Publicado o 25/10/2019 14:51

Cota, Mía, Aníbal, Mica e Greta, estes cinco heroes de catro patas abriron a xornada. Coas súas destrezas e habilidades, que agochan horas de adestramento, deixaron a todos coa boca aberta.

Os axentes demostraron como actúan en situacións de risco, en operacións antiterroristas ou na desactivación de explosivos provocando admiración, sorpresa pero tamén algún que outro susto.

A Unidade de Cabalería pechou a exhibición que se celebrou na praza de touros de Pontevedra. Na recinto non houbo panos brancos pero si sonoras ondas e aplausos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2019