CRTVG

Buscar

Deteñen na Coruña o "amo" dunha rede que distribuía pornografía infantil

Publicado o 02/07/2019 08:53

• Na operación, realizada pola Policía Nacional, arrestaron 9 persoas en diferentes provincias de toda España

Axentes da Policía Nacional desartellaron unha rede que, supostamente, se dedicaba a intercambiar pornografía infantil a través dunha rede de mensaxería instantánea. Os axentes, segundo explica a Policía nunha nota de prensa, detiveron nove persoas e investigan outras catro, en varias provincias. Un dos arrestos produciuse na Coruña. Trátase dun home que se facía chamar o "amo" da rede, e é considerado polos investigadores como o membro máis perigoso do grupo.

Os autores, supostamente aproveitaban un chat anónimo, cifrado e desbotable para intercambiar imaxes de abusos a menores sen deixar rastro na rede. A investigación comezou hai uns dous anos. Axentes especializados agruparon diversa información relativa ao uso oilícito que un grupo de persoas facía dese servizo de mensaxería. Concretamente tratábase dunha palicación que ofrece a posibilidade de crear "salas" ás que se pode acceder con contrasinal, ou con ela ou baixo invitación, e cuxo contido destrúese cando os usuarios abadonan a conversa. Os investigados aproveitaban iso para compartir pornografía infantil.

Dado que o chat non solicita ningún dato de rexistro para acceder aos seus servizos, os axentes tiveron que analizar os diferentes nicks utilizados, así como o tipo de imaxes distribuidas, as salas nas que se reunían e as características dos arquivos compartidos.

Cos datos obtidos desta análise, e o apoio dun software específicio, explican desde a Policía, conseguiron agrupar información relativa a 13 peroas, que supostamente compartiran arquivos ilícitos.

Co avance da investigación conseguiron uicar esas persoas e realizáronse rexistros en Madrid, Toledo, Zaragoza, Sevilla, Tenerife, A Coruña, Badaxoz, Soria e Barcelona. Detiveron nove persoas e investigan outras catro con perfís moi diferentes.

O detido na Coruña, o máis perigoso da rede

Na Coruña localizaron a quen a Policía cualifica omo o máis perigoso, un reincidente en delictos relacionados coa pornografía infantil, que se facía chamar "amo" da rede e que creara unha canle segreda de nome "perversión" para transmitir e recibir arquivos ilícitos. 

Por outra parte, en Mérida detiveron un informático de 42 anos a quen se lle encontraron máis de 2.000 arquivos relacionados con material seuxal de nenas preadolescentes. En Toledo realizaron dúas detencións. En Segovia localizaorn un encargado de almacén, de 52 aos, que para evitar deixar rexistro das webs que visitaba as apuntaba nuha folla que mantiña oculta no seu domicilio. Os dous individuos detidos en Zaragoza e Madrid son militares, pero non hai constancia de que se coñecesen. Outras das detecións fíxose en Paracuellos do Jarama. E, por último, en Sevilla foi imputado un matrimonio pola tenza de material pedófilo, sendo necesario interrompir o rexistro no domicilio por esvaecerse en dúas ocasións un dos cónxuxes.

A Policía Nacional recorda que se se detecta material pedófilo non debe compartirse e pode poñerse en coñecemento de axentes especializados a través do correo denuncias.pornografia.infantil@policia.es.