CRTVG

Buscar

A Policía Nacional desaloxa unha festa nun bar da Milagrosa, en Lugo

Publicado o 06/10/2020 20:49

De madrugada, fóra dos horarios establecidos para a hostalería, a Policía Nacional desaloxaba unha festa nun bar da Milagrosa.

No seu interior había máis de 90 persoas. Denunciaron o local por superar a ocupación permitida e tamén 23 dos clientes por iren sen a máscara.

Tamén houbo acta de denuncia por permitirse o consumo en barra, prohibido en todo o concello de Lugo, que é un dos afectados polas restricións.

Os feitos causan especial indignación neste barrio, que foi dos primeiros en sufrir restricións máis duras polo elevado número de contaxios.

Os axentes tamén denunciaron un dos clientes por desobediencia á autoridade. Noutras rúas da cidade, a Policía Local denunciou tres locais por superaren a ocupación permitida.

Noticias web

06/10/2020