CRTVG

Buscar

A policía detén un veciño de Pontevedra por un delito de corrupción de menores

Publicado o 20/05/2021 14:41

A Unidade de Delicuencia Económica e Ciberdelincuencia da Policía Nacional de Pontevedra comezou a súa investigación no último trimestre do ano pasado. Seguían a pista dun veciño de Pontevedra, de 33 anos, ante a sospeita dun posible delito relacionado coa pornografía infantil. Un xulgado de instrución de Cambados autorizou a entrada no domicilio do sospeitoso.

Paula Novas, voceira da Policía Nacional en Pontevedra, detalla como no rexistro se incautou "diversa dcumentación e material informático que unha vez en comisaría en dependencias policíais, coa pertinente análise e o volcado das imaxes, comprobaron que si contiña imaxes de adultos de maneira explícita mantendo relacións sexuais con menores impúberes".

Esta detención está enmarcada dentro da chamada operación Hallazgo. A Policía Nacional dá a coñecer este tipo de operativos para lembrar que a tenza de imaxes de menores de contido sexual é un delito, e advertir a cidadanía do seu papel á hora de denuncialo.

Paula Novas, voceira da Policía Nacional, explica que "tanto a tenza das imaxes como a súa distribución son un delito. En canto se teña coñecemento deste tipo de imaxes, que alguén as poida ter en casa ou algún familiar, hai que poñelo en coñecemento da Policía Nacional, tanto de modo presencial como a través da páxina web".

O detido foi posto en liberdade con cargos e está a ser investigado. 

 

Noticias web

20/05/2021