CRTVG

Buscar

Achan nun arcón en Palma de Mallorca o cadáver dunha muller con sinais de violencia

Publicado o 16/05/2019 05:14

 

 

O corpo sen vida de Gloria Fernanda Zavala apareceu este mércores, pouco despois das doce da noite, na súa vivenda de Palma. Estaba dentro dunha arca, envolto en dúas bolsas de plástico, atadas con cinta americana negra. Foi trasladado ao Instituto Anatómico Forense para facerlle a autopsia.
"Escoitei ruídos, inquieteime e abrín a fiestra e vin a policía buscando no garaxe próximo ao meu cuarto".

Todos os indicios apuntan a que se trata dun crime cometido, seguramente, o mesmo domingo porque o luns xa non foi traballar.
"O luns pola tarde veu un compañeiro dela preguntando preocupado porque non sabían nada dela, que lles parecía moi raro porque ela nunca faltou ao traballo e despois veu outra compañeira que a recolle sempre para ir ao traballo, preocupada porque non sabían nada e díxonos que chamaban por teléfono o fillo, pero que o fillo non collía o teléfono".

Segundo parece, a vítima, de 56 anos e orixinaria do Ecuador, vivía nesta casa co seu fillo de 16 anos e un compañeiro de piso. Este compañeiro foi quen descubriu o cadáver e avisou a policía, cando regresou de Madrid onde pasou uns días. De momento, descoñécese o paradoiro do fillo. A policía búscao para interrogalo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí