CRTVG

Buscar

A Policía Nacional busca un delincuente que fuxiu coa axuda da súa familia en Vigo

Publicado o 27/02/2019 20:42

Grave altercado en Vigo entre unha familia de etnia xitana e a Policía Nacional. Os axentes acudían ao domicilio na Doblada para deter o home, que ofreceu resistencia ao acceso da súa vivenda. Empurrou os axentes e insultounos, polo que tiveron que pedir reforzos. Durante o altercado, o home conseguiu fuxir coa axuda da súa familia, pero a súa muller foi detida por resistencia e atentado.

Tras a fuxida, a policía montou varios controis por toda a zona para buscar o home, tanto por terra como por aire, co helicóptero. Furgonetas e coches policiais rastrexaron a cidade e a súa área metropolitana, pero non deron con el.

O fuxido conta con antecedentes por roubo e a muller pasou xa a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019