CRTVG

Buscar

A policía busca os autores de asaltos a chalés nunha zona residencial de Pontevedra

Publicado o 21/03/2019 14:25

A Policía Nacional busca os autores de catro asaltos a chalés nunha zona residencial de Pontevedra. Os ladróns buscaban xoias e cartos en efectivo. Os veciños están sorprendidos das súas habilidades para gabear polas paredes.

Polo momento só se presentaron tres denuncias, porque un dos propietarios está no estranxeiro, pero foron catro os chalés asaltados nesta rúa de Salcedo, en Pontevedra. E todos na mesma tarde, un detrás doutro. Nunha das casas quedaron gravados polas cámaras de seguridade.

Noticias web

21/03/2019