CRTVG

Buscar

A Policía Nacional advirte sobre oito aplicacións de móbil que actúan como espías

Publicado o 08/08/2018 09:50

A Policía Nacional advirte sobre oito aplicacións de móbil que actúan como espías dentro do noso teléfono. Calcúlase que as descargaron uns 11 millóns de persoas. O máis recomendable é borralas inmediatamente.

Esta aplicación é AdblockPrime. Descargámola no móbil para que nos bloquee a publicidade en Internet. Pero mentres o fai, garda tamén tódalas páxinas nas que entramos, entre elas, as das nosas redes sociais.

A Policía Nacional alerta nas súas redes sociais de oito aplicacións e extensións espía creadas específicamente para móbiles. Son Speed Booster, Battery Saver, applock, Clean Droid, Poper Blocker e CRXMouse.

Ninguén sabe onde van os datos que recompilan. Por iso recomendan borralas canto antes. Se o noso móbil está sincronizado cunha tablet ou co ordenador, deberemos borrar as aplicacións en todos os dispositivos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2018