CRTVG

Buscar

A Policía Municipal de Madrid, desbordada por case 500 festas ilegais durante a ponte do San Xosé

Publicado o 23/03/2021 08:07
A Policía Municipal de Madrid, desbordada por case 500 festas ilegais durante a ponte do San Xosé

A Policía Nacional e a Garda Civil tramitaron en Madrid 1.518 propostas de sanción por saltar as restricións durane a ponte do San Xosé. Unha das intervencións da Policía Local de Madrid produciuse nun piso turístico da cidade.

Había unha festa ilegal na que non se respetaba nin a ocupación, nin a distancia de seguridade nin a obriga de levar máscara. Había case medio cento de mozos de distintas nacionalidades. Os axentes municipais desmantelaron preto de medio milleiro de festas nas cidade.

Noticias web

23/03/2021