CRTVG

Buscar

A policía mantén aberta a operación polos 1.500 quilos de cocaína comisados nas Canarias

Publicado o 22/05/2019 19:03

A policía estreita o cerco do barco ao que ía ser trasvasada a droga da que se incautou en augas internacionais preto das Canarias.

O Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado de Galicia, o Greco, ten identificada a embarcación, pero aínda non conseguiu localizala. Mantén a operación aberta e podería haber novas detencións nas próximas horas.

O barco apresado nas Canarias cargaba con 1.500 quilos de cocaína de gran pureza. Os investigadores teñen seguro que ía se transbordada a outro barco para ser distribuída en Europa.


 

Noticias web

22/05/2019