CRTVG

Buscar

A policía logra evitar que un home se tire ao río Miño en Lugo

Publicado o 16/09/2019 12:23

En Lugo, un amplo dispositivo policial evita que un home se tire dende unha ponte ao río Miño. Ocorreu de madrugada, nas inmediacións do monte Segade.

Ata seis axentes da Policía Nacional se desprazaron ao lugar alertados polo condutor dun dos vehículos de limpeza da cidade que viu o home na varanda da ponte. Minutos antes, ao parecer, a súa parella tamén dera aviso a policía. O home foi trasladado ao HULA.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019