A Policía Local retira tres serpes e un lagarto en vivendas de Vigo
Publicado o 09/07/2020 15:14
A Policía Local retirou nas últimas horas tres serpes de dúas vivendas de Vigo e un lagarto que se atopaba no interior dun establecemento. Cada vez son máis as chamadas que reciben as forzas de seguridade relacionadas con este tipo de animais.
Nun dos casos, un veciño alertou de que atopara dúas serpes de metro e medio no seu domicilio enganchadas nunha rede. Eran exemplares velenosos, pero que non son perigosos para o ser humano.
Noutra vivenda, os axentes tiveron que retirar unha serpe que estaba na entrada da casa. Todos estes animais foron devoltos ao seu hábitat natural.