CRTVG

Buscar

A Policía Local ponlle unha multa de estacionamento a Jácome

Publicado o 17/06/2019 19:50

Gonzalo Pérez Jácome non empezou con bo pé na alcaldía ourensá. Un vehículo seu foi sancionado hoxe pola Policía Local por estacionar nunha praza reservada para o coche oficial do Concello. O equipo do alcalde explica que o vehículo era usado pola súa canle de televisión e que si contaba con autorización, polo que estudarán o motivo da sanción.

Noticias web

17/06/2019