CRTVG

Buscar

A Policía Local de Vigo captura un raposo na cidade

Publicado o 14/02/2020 14:44

Cada vez máis os animais salvaxes están saltando os límites das cidades. En Vigo a Policía Local capturou nas últimas horas un raposo, e xa é o segundo nas últimos días.

Ocorreu na avenida de Ricardo Mella. Os veciños dun edificio da zona alertaron a policía da presenza do animal transitando pola calzada. Os axentes localizaron o raposo aparentemente atordado; capturárono e puxérono a disposición do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo.

A aparición de especies de animais salvaxes comeza a ser frecuente en áreas urbanas de Vigo. O xoves pasado tamén aparecera outro raposo en Arquitecto Palacios.

Noticias web

14/02/2020