CRTVG

Buscar

A Policía Local do Barco de Valdeorras crea un grupo de WhatsApp para as alertas

Publicado o 13/06/2019 14:13

Mellorar a comunicación entre a Policía Local e os comerciantes e empresarios do Barco de Valdeorras é o obxectivo do grupo de WhatsApp que acaban de crear por iniciativa dos axentes municipais. A canle de comunicación servirá para previr e alertar de roubos e tamén resolver problemas de interese xeral na vila que lles preocupan.

Os comerciantes do Centro Comercial Aberto do Barco avalían positivamente a iniciativa e coas mensaxes de móbil din que é un xeito directo de alertar, por exemplo, da presenza de billetes falsos nos establecementos ou calquera feito sospeitoso.

Para participaren no grupo non é preciso estar asociado e tamén pretenden implicar toda a veciñanza do Barco de Valdeorras para mellorar a seguridade e a convivencia na vila.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019