CRTVG

Buscar

A Policía Local de Vigo rescata unha cría de curuxa desnutrida tras caer do niño

Publicado o 24/05/2019 18:16
A Policía Local de Vigo rescata unha cría de curuxa desnutrida tras caer do niño

A Policía Local de Vigo rescatou unha cría de curuxa que foi localizada na vía pública e estaba desnutrida, posiblemente por que se caeu do niño e a súa nai non podería alimentalo.

Segundo informaron fontes policiais, o rescate tivo lugar na mañá deste xoves, cando unha dotación da UMIR (Unidade Ambiental de Intervención Rural) acudiu a un aviso pola localización desta cría, nunha zona da parroquia de Beade. Os axentes atoparon a cría en mal estado, desnutrida e con aspecto de levar polo menos un par de días nesa situación, polo que a recolleron e puxeron os feitos en coñecemento de responsables do refuxio de aves de Cotorredondo para que recollesen o animal.

Por outra banda, e tamén con respecto aos animais na vía pública, a Policía Local de Vigo fixo un chamamento aos condutores para que teñan especial precaución ao circular pola Avenida de Arquitecto Palacios, xa que se detectou a presenza de xabalís deambulando pola calzada en horas nocturnas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019