CRTVG

Buscar

A Policía Local de Vigo intercepta un furtivo con tres quilos de percebes

Publicado o 16/12/2020 12:13

A Policía Local de Vigo sorprendeu un furtivo que extraía percebe de xeito ilegal na illa viguesa de Toralla. O sorprendente da historia é que, malia o frío, o home agochouse máis de dúas horas na auga para fuxir dos axentes.

Mantívose no mar pasando dun areal a outro para evitar ser interceptado pola policía. Cando subiu a marea e xa non puido continuar coa súa actividade, dirixiuse á praia facendo caso omiso aos axentes.

O home negouse a ser atendido polo 061, aínda que estaba tremendo polas baixas temperaturas. A policía requisoulle 3,3 quilos de marisco que escondía baixo a ponte de Toralla.

Noticias web

16/12/2020