CRTVG

Buscar

A Policía Local de Vigo advirte de posibles aglomeracións nos bares da contorna de Balaídos nos días de partido

Publicado o 11/06/2020 21:32

A Policía Local de Vigo percorre os locais próximos a Balaídos para advertirlles aos hostaleiros que, se o día do partido se ven desbordados de xente que vén recibir os equipos, chamen os axentes para que controlen as distancias.

O fútbol volve despois do confinamento e será a porta pechada. Iso non beneficia os locais próximos aos estadios, pero beneficia entón os que dan os encontros na tele dos locais?

O fútbol é un ingrediente que xa comeza a sobrar nalgúns locais que, coa ocupación limitada de clientes, non lles sae á conta pagar as cotas dos canais deportivos. Aínda que en xeral, hai ganas de fútbol despois da parada.

En liñas xerais, os bares esperan que, cando volva rodar de novo o balón, comece a rodar tamén con algo máis de fluidez o negocio da hostalería pos-COVID-19.

Noticias web

11/06/2020