CRTVG

Buscar

A Policía Local de Pontevedra intervén unha festa ilegal nun bar de praia con 200 persoas

Publicado o 15/09/2020 14:42

Sobre as 12 e media da noite do sábado pasado, a Policía Local de Pontevedra chegaba a este bar da praia fluvial de Ponte Sampaio tras recibir varias denuncias por parte dalgúns veciños da zona.

Nesta explanada atopáronse con 200 persoas que estaban a celebrar unha festa ilegal sen cumprir ningunha medida de seguridade. 

Tanto os veciños, que non quixeron facer declaracións á cámara, como a policía aseguran que estas concentracións se levan sucedendo ao longo do verán.

Nas fin de semana, nesta zona fluvial, concéntranse centos de persoas, sen máscaras, sen distancia e con música ata altas horas da madrugada. 

Esta denuncia súmase ás máis de 100 que a Policía Local cursou ao longo de todo o verán a causa do imcuprimento das normativas impostas pola situación sanitaria que estamos a vivir.

A pesar das restricións, a cidade de Pontevedra non logra frear o alcance da Covid-19. 

Noticias web

15/09/2020