CRTVG

Buscar

A Policía Local de Poio recada cadeiras infantís de coche para xente sen recursos

Publicado o 09/02/2018 14:14

Despois de ver moitos casos, os policías locais de Poio decatáronse de que moitos condutores non levan os meniños coas cadeiras axeitadas porque non poden pagalas. Por iso fixeron unha recollida solidaria e nos próximos días van repartir as trinta cadeiras que lles foron doando.

Algúns cativos van nos vehículos sen cadeira de protección, ou cunha cadeira inaxeitada. É algo que constatou a Policía Local de Poio nun control coa DXT, por iso antes de multar e ao decatarse que son sistemas caros que non todo o mundo pode pagar decidiron facer unha recollida solidaria entre a veciñanza.

Nas próximas xornadas repartirán as cadeiras entre os que as precisen, despois dunha sesión previa en que os axentes explicaron como usar cada cadeira. En total recolléronse 30 sistemas de protección que mellorarán a seguridade de pais e cativos deste concello pontevedrés.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018