CRTVG

Buscar

A policía de Poio investiga se o accidente dun Tesla foi por ir en modo autónomo

Publicado o 14/04/2019 14:13
A policía de Poio investiga se o accidente dun Tesla foi por ir en modo autónomo

A policía local de Poio investiga se o accidente ocorrido este sábado ao mediodía na estrada PO-308 foi provoado polo modo autónomo que permite o vehículo. Un Tesla Model 3 saíuse da vía e bateu contra outro coche provocando dous feridos leves.

A propietaria do vehículo manifestou, nun primeiro momento, que cando se produciu o accidente o coche eléctrico estaba autopilotado, versión que modificou horas máis tarde para dicir que o sinistro se debeu a un erro humano. A policía non descarta pedir á multinacional que estude e extraiga os datos do modelo implicado no sinistro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí