A Policía Local de Ourense felicítalle o aniversario ao pequeno Enzo
Enzo fai hoxe tres aniños. El aínda non é moi consciente, pero a Policía Local de Ourense si.
Germán Quiroga, Policía local de Ourense: "Procuramos coller deses minutos que temos mortos, para coller dous ou tres coches e ir felicitar os nenos que nos chaman. Os nenos menores de setenta... e os maiores de noventa".
Foi unha sorpresa para Enzo, e para todo o vecindario, que se asomou ás ventás para participar da celebración.
Zaida García, nai de Enzo: "Cando estabamos esperando, estaba 'cochinino, cochinino', o que pasa é que despois veu tanta xente que se puxo nervoso. Pero está contento".
E non foi o único que esta tarde tivo visita sorpresa dos axentes...
"Isto é marabilloso. E ver como se meten coa nai e o pai, se abrazan... sobre todo os máis pequeniños, 3, 4 anos", asegura Germán.
Pequenas parénteses nun xa rutineiro confinamento.