CRTVG

Buscar

A Policía Local de Ourense busca o causante dun accidente que fuxiu do lugar

Publicado o 02/06/2019 12:07

A Policía Local de Ourense busca a persoa que conducía un BMW que provocou o envorcamento doutro vehículo ás nove da noite deste sábado, na rúa Pardo Bazán.

Ao parecer, o coche fuxido chocou lateralmente cun Audi que circulaba polo carril dereito. O golpe provocou que este se desprazara e acabara batendo contra outro turismo estacionado.

O condutor do BMW non parou a súa marcha e fuxiu do lugar do accidente, onde tiveron que ser atendidas dúas persoas.

Noticias web

02/06/2019