CRTVG

Buscar

A Policía Local de Lugo aumenta a presión sobre os aparcacoches do HULA

Publicado o 17/09/2019 18:41

A Policía Local de Lugo identificou no último dispositivo de vixilancia na contorna do HULA sete aparcacoches ilegais reincidentes. Segundo as estimacións dos axentes, cada un deles pode chegar a recadar uns 50 euros diarios coas súas estafas e ameazas aos usuarios. Sospeitan que nalgúns casos dáse a circunstancia de que estas persoas se benefician, ademais, de prestacións sociais económicas.

Jesús Piñeiro, xefe da Policía Local de Lugo: "Comprobamos que sete persoas realizan un traballo fixo, habitual e permanente na zona, estimándose uns ingresos superiores ao salario mínimo interprofesional, porque menos de 50 euros diarios non sacan, recadan máis de 50 euros".

O Concello pedirá a colaboración da Xunta para que se investigue os reincidentes e, se cobran estas prestacións, se é posible, que llelas retiren.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019