CRTVG

Buscar

A Policía Local de Ferrol abate a tiros un cabalo embravecido que atacou dúas persoas

Publicado o 11/06/2018 14:11

Á Policía Local de Ferrol non lle quedou outra que abater a tiros un cabalo, do agresivo que estaba. O animal fuxira do recinto en que o deixara o seu dono e ao intentar collelo, arrincoulle parte dun dedo dunha trabada. Tamén feriu outra persoa que andaba á súa procura: rompeulle a clavícula.

O cabalo fuxira dunha destas leiras cara a outra próxima en que había dúas eguas.

O dono do cabalo intentou, sen éxito, collelo. Tamén axudou o dono do centro hípico da parroquia ferrolá de Covas. Ambos os dous quedaron feridos.

Era tal a agresividade que amosaba o cabalo que José Luis decidiu alertar a Policía Local de Ferrol.

Tras o susto e o desgusto, agora José Luis reflexiona e pensa en que se os axentes non abren fogo sobre o animal, puido producirse unha desgraza moito maior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2018