CRTVG

Buscar

A Policía Local da Coruña detén nun autobús un mozo que intentou agredir unha parella cun coitelo

Publicado o 02/07/2019 18:31
A Policía Local da Coruña detén nun autobús un mozo que intentou agredir unha parella cun coitelo

Un mozo de 25 anos foi detido este martes na Coruña tras ameazar unha parella, unha moza de 23 e un home de 30 anos, cun coitelo de carniceiro na rúa Panadeiras, á altura do pub 'El Corralón', e fuxir nun autobús urbano.  Segundo informa o Concello herculino, os feitos ocorreron na mañá deste martes. A sala do 092 recibiu sobre as 9,40 horas unha chamada informando dunha forte discusión na vía pública. Ademais, ao intre recibiuse outro aviso sobre que un dos implicados enía unha navalla e ameazaba con agredir outro mozo.   Segundo relata o Consistorio, cando os axentes do corpo local acudíronse no lugar, os presuntos agredidos atopábanse refuxiados no establecemento e o suposto agresor fuxira á carreira ao detectar a chegada da Policía.  

As primeiras investigacións, sinala o Concello, apuntan a que a disputa se debeu a que a moza se atopaba nun local de hostalaría falando co posteriormente detido cando apareceu o seu noivo, de 30 anos. Ao parecer, a parella tivera un desencontro esa noite e el volvera a recollela.   Nese momento produciuse unha pelexa entre os dous homes e un deles, que despois sería apresado, sacou un coitelo para tentar agredir ao outro, aínda que non houbo lesións debido a que a noiva e os seus amigos intermediaron agarrándoo.   Tras iso, relata o Concello, o apresado e un amigo fuxiran cara á rúa San Andrés montándose nun autobús urbano da liña 7. Foi detectado por unha dotación policial de motoristas no interior deste vehículo á altura de Riazor. 

Deste xeito, os axentes interceptaron o autobús na rúa Peruleiro, accederon ao interior e localizaron e detiveron o mozo, ao que lle interviñeron un coitelo de carniceiro cunha folla de oito centímetros e un gancho, tamén de carniceiro, para utilizar "a modo de puño americano".   Nese mesmo momento, dous ocupantes do autocar denunciaron que, no traxecto, o detido chegou a molestar a unha moza "tocándolle unha perna e facéndolle comentarios obscenos".   O detido, de 25 anos, quedou a disposición xudicial xunto coas armas brancas intervidas nos calabozos policiais. O corpo local explica que puido incorrer nun delito de tentativa de homicidio con arma branca ou de ameaza grave con arma branca, segundo determine a investigación.   A moza tivo que ser trasladada a un centro sanitario en ambulancia, onde quedou en observación, debido a que presentaba un cadro agudo de ansiedade.

Noticias web

02/07/2019